padel no camiño

PÁDEL NO CAMIÑO

   O Máster Series Pádel no Camiño e andainas padeleras, é un evento que pretende unir a práctica deportiva e cultural, tomando como fío conductor e nexo de unión os diferentes Camiños de Santiago, todo iso enmarcado no Xacobeo 21-22.

   O pádel e o Camiño danse a man nos valores que transmiten. Irmandamento, convivencia e solidariedade. Ademáis, permitirá o intercambio de experiencias e convivencia entre afeccionados a este deporte da Comunidade Autónoma Galega e o norte de Portugal. Establecéndose, desta maneira, sinerxias entre ambos territorios e unha promoción turística e cultural a nivel nacional e internacional. 

   Como sucede no Camiño, a etapa final será en Santiago no complexo do Monte  do Gozo, lugar icónico no Camiño. Realizarase a última fase dun evento, que pretende converterse nun referente. Á súa vez, levaranse a cabo andainas polos tramos do Camiño onde se sitúen as sedes, co fin de mostrar/resaltar/potenciar e difundir toda a riqueza cultural, ambiental e patrimonial do noso territorio. A última andaina terá lugar entre a sede do Gran Máster Final-Monte do Gozo- e a Praza do Obradoiro.